Sunday 28 de April de 2024

Malpica comezará mañá a prospección xeofísica da Croa do Castro de Cerqueda


A intervención estará dirixida por Carlos Otero, coa colaboración do Instituto de Ciencias do Patrimonio (CSIC)

Malpica comezará mañá a prospección xeofísica da Croa do Castro de Cerqueda, o paso cara novos descubrimentos neste espazo. A intervención estará dirixida por Carlos otero, coa colaboración do Instituto de Ciencias do Patrimonio (CSIC).
Así, mañá xoves, 5 de novembro e desde as 9:00 horas, procederase ao marcado de cuadrículas. Un día despois, o venres, tamén desde as 9:00 horas, pasarase o gradiómetro, o aparello do que se obterán as medicións para observar o que hai baixo a terra.
Pasarase tamén durante as xornadas do martes, 10 de novembro, e o mércores, 11 de novembro, sempre a partir das 9:00 horas. Agárdase, con esta serie de intervencións, “dar luz a novos achádegos, que axudarán a poñer en valor o noso patrimonio arqueolóxico”, aportan desde o goberno local.